Actividades extraescolares (Curso 2024/25)

05/09/2024 at 22:43 / by

Prazo de inscrición: do 9 ao 23 de setembro de 2024.

Cales son as actividades que ofertamos neste curso 2024/25?

Este curso renovamos o catálogo de actividades extraescolares, que na súa maioría estarán organizadas pola empresa galega EXODEGA. Unha das principais novidades é Bright Minds, unha proposta de luns a venres para o alumnado de educación infantil. Non obstante, tamén mantemos outras que se atopan plenamente afianzadas no centro, como é o caso de xadrez ou patinaxe. 

Neste documento podedes consultar máis detalles sobre cada unha delas, datas e prezos.

Consultar catálogo completo de actividades

Como inscribirse?

Para inscribirse nas actividades xestionadas por EXODEGA (baile moderno, teatro, pintura, Robotix Lego Education, Bright Minds e inglés) será necesario empregar a plataforma TokApp Activities desde as 00.01 horas do día 9 de setembro e ata o remate do día 23 de setembro. Podedes acceder directamente a través deste botón:

Importante: Durante o rexistro tedes que introducir o código facilitado polos grupos privados de aula. Se non tes acceso a eles podes solicitalo contactando por privado con @Mjgc67 (Telegram)

Contacto coa empresa para incidencias nas incricións: exodega@gmail.com / 645 82 00 09

Para xadrez e patinaxe haberá que cubrir estes formularios accesibles a través dos seguintes botóns a partir das 16.00 horas do día 9 de setembro e ata o remate do día 23 de setembro.

Moi importante…

Aconsellamos ter presentes os horarios e prazos indicados, posto que hai actividades con límite de prazas onde o criterio de selección será a orde de solicitude.

 
 

Comments are closed.