Información sobre o procedemento de admisión (Curso 2023/24)

28/02/2023 at 22:50 / by

Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 21 de marzo (ambos inclusive)

Normativa reguladora do proceso de admisión:

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Prazas vacantes:

 

Documentación a presentar:

Para presentar a solicitude de xeito presencial deberá cubrir este formulario en COR AZUL E MAIÚSCULA e entregar unha copia no centro. Pódese atopar acudindo ao centro en horario de atención ao público, no apartado Secretaría Virtual / Admisión 2023/24 da web do centro e na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Copia do DNI do/a alumno/a ou copia da folla do libro de familia onde figure.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
  • Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente (excepto alumnado que se matricula en 3 anos).

Se prefire presentar a solicitude de xeito telemático deberá facelo pola súa conta a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, identificándose coa CHAVE365 ou certificado dixital.

Entrega de solicitudes presenciais:

  • Non se recollerán solicitudes riscadas ou correxidas.
  • Lean ben as instrucións antes de cubrir a solicitude.
  • Horarios de entrega (pregamos sexan respectados):
    • Mañás: en horario de atención ao público
    • Tardes: luns de 15.45 a 16.30 horas e martes de 16.00 h a 17.00 h 
    • Para outros horarios chamen previamente ao centro: 988 221 127

Calendario do proceso

Outros datos de interese:

  • Segundo a lexislación vixente cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • No caso de separación ou divorcio é necesaria a sinatura de ambos proxenitores. (Art. 14.4)
  • En caso de ser necesario o proceso de baremo, POR MOTIVOS DE RECIBIR MÁIS SOLICITUDES QUE VACANTES, o centro solicitará máis documentación ás familias.
  • Apartado renda per cápita: inclúe as cantidades obtidas da base impoñible xeral (Casiña 435) máis a base imposible do aforro (Casiña 460) da declaración do imposto sobre a renda das persoas física no exercicio 2021, dividida entre o número de membros computables da unidade familiar a data 1 de marzo de 2023. Cando non se presentase declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. Para determinar a puntuación utilízase o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual de 2021, e que está fixado en 6.778,80 € na disposición adicional centésima vixésima primeira da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2021.

 

Áreas de influencia e limítrofes: 

  • Áreas de influencia:
    • Perímetro comprendido por: parte leste da N-540 desde os límites do termo municipal ata cruce con Avenida de Marcelo Macías (Fonsillón, Laxas…). Marcelo Macías, rúa Domingo Fontán, rúa da Coruña, ata vía do tren. Parte oeste da vía férrea ata o límite do termo municipal (Cruceiro Quebrado, Residencia…).
    • Todas as rúas interiores dentro deste perímetro.
  • Áreas limítrofes:
    • Resto do municipio.

Descargar esta información en PDFSolicitude de admisión (Anexo II e II bis/ ED550B)

Tamén che pode interesar…

Secretaría virtual (sección «Admisión 22/23»)
 
 

Comments are closed.