Cores de outono (II) – (4º infantil)
O luns anterior apareceron na aula de tres anos catro caixas misteriosas e un conto que os amigos castores deixaron durante a fin de semana. Cando os pequenos e pequenas as abriron, descubriron que estaban cheas de elementos do outono. Quedaron abraiados con tanta cousa que atoparon! O certo é que o contido desas caixas deunos moito xogo para traballar formas, tamaños, conteo, series, grafismos creativos e motricidade. Pasaron unha semana xenial e descubrimos que estes cativos e cativas son tamén uns grandes artistas do impresionismo.