Cores de outono (I) – (4º infantil)
Ola familias! Como puidestes comprobar estes días os nenos e nenas da aula de tres anos foron bastante sucios para os seus fogares. É momento de contarvos o motivo! Como ben sabedes, o outono xa chegou para quedarse e comezamos a traballalo coa temática da vendima. Os pequenos e pequenas escoitaron un conto sobre ela, organizaron secuencias temporais, manipularon acios, vides, esmagaron uvas para obter mosto, mesturaron témperas con escuma para conseguir cores propias da paisaxe desta época e fixeron os seus propios acios de uvas con cortizas e témperas. Agardamos que gocedes desta pequena galería tanto como o fixeron eles manchándose.