Coñecendo o corpo e os sentidos…
O comezo do 2020 está sendo moi intenso na aula dos máis cativos.
Estas semanas estamos traballando as distintas partes do corpo e os sentidos. Para iso fixemos uns bonecos de neve que nos axudaron a diferenciar cabeza e tronco, practicamos a facer persoas con plastilina, experimentamos cos sentidos probando, tocando, olfacteando… cousas da caixa misteriosa que apareceu un día na nosa aula e entre todos fixemos a Pinocho, Elsa e Toño os novos amigos que nos acompañan no corredor.