O círculo de Kandinski
Nos primeiros días de outubro os nenos e nenas da aula de tres anos estivemos traballando a figura do círculo. Primeiro practicamos debuxando sobre area co dedo, e acto seguido, pasamos a facelo en cartolina con témperas e pinceis, imitando cadros do famoso pintor ruso Vasili Kandinski.
Foi moi divertido para nós e pasámolo xenial.