Excursión a Asturias (2019)

29/04/2019 at 18:30 / by

O 25 de abril o alumnado de sexto curso de primaria púxose rumbo a Asturias para vivir a súa derradeira excursión de dous días.

A primeira parada tivo lugar no Acuario de Poniente, en Xixón. Trátase do máis importante da comunidade pois reproduce diversos hábitats acuáticos e non só mariños. Tendo en conta o seu tamaño medio amosa unha das maiores biodiversidades do mundo. Ese mesmo día pola tarde tamén se achegaron ao edificio máis grande de España: a Universidade Laboral de Xixón. As súas orixes están vinculadas á minaría e os seus volumes e logros arquitectónicos deixan abraiados a todos os visitantes.

Ao día seguinte, acudiron ao Museo da Minaría e a Industria situada no Entrego, no que ademais de contemplar unha ampla exposición baixaron a unha mina virtual para coñecer de primeira man as duras condicións de vida ás que se enfrontan os mineiros.

Ao remate da visita encamiñáronse ata a Cunca Mineira do Nalón para experimentar a subida da montaña nun auténtico tren mineiro a través do vello camiño do carbón por un tunel de 1 Km (o máis longo de España). Visitaron unha auténtica mina de carbón, apreciando como se sostiñan as profundas galerías, como se arrincaba o carbón e os seus riscos. Subiron 32 metros na gaiola da mina ata o exterior e accederon á sala de maquinas, a vella lampistaría e outras dependencias. Ao regreso baixaron a montaña por un sendeiro.

Este vídeo resume o mellor de todos estes momentos que, sen dúbida, nunca esquecerán!

 
 

Comments are closed.