Axenda de Nadal 2019
Sábado 14 de decembro ás 17.00 horas
Visita de Papá Noel
O próximo sábado 14 de decembro as 17 horas teremos a visita de Papá Noel e mentras agardamos e os nenos danlle a súa carta teremos un chocolate para todos os participantes e familias. A actividade é gratuita para as familias da ANPA mais está aberto ás que non son socias pagando 3€. Máis información en Facebook e contactando por email.
Luns 16 de decembro ás 12.00 horas
Visita da exposición «Beléns do Mundo»
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria visitarán o Bispado de Ourense para coñecer unha das exposicións tradicionais da cidade, impulsada por Delegación de Misións de Ourense e que tamén conta con achegas particulares. O pasado 4 de decembro foi inaugurada por D. Leonarlo Lemos, bispo de Ourense, que aproveitou a ocasión para resaltar a conciencia sobre o coidado do medio: «Moitos beléns están feitos de produtos reciclados para converternos a unha ecoloxía evanxélica á que nos anima o Papa».
Mércores 18 de decembro ás 12.00 horas
Festival de Nadal (primaria)
Despois de varias semanas de ensaios e preparativos chega a gran estrea do Festival de Nadal 2019 organizada polo alumnado de educación primaria e actividades extraescolares. Preto dunha hora de diversión na que haberá espazo para gozar de obras de teatro, recitados poéticos, panxoliñas e bailes. Tamén daremos a coñecer os gañadores do XX Concurso Postais de Nadal organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro, que serán obsequiados cun diploma e un exemplar de literatura en galego.
Xoves 19 de decembro ás 11.45 horas
Eucaristía de Nadal (infantil)
Os máis pequenos do colexio tamén queren ser partícipes do Nadal, por iso formarán parte da Eucaristía representando o Nacemento de Xesús. Tamén haberá música e panxoliñas a cargo do de usuarios/as do Centro Interxeracional de Ourense. Con eles pretendemos facer fincapé no lema deste ano, porque cremos que xuntos os nosos pasos contan máis!
Venres 20 de decembro ás 12.00 horas
Visita ao Centro Interxeracional de Ourense
Os maiores do colexio terán a oportunidade de visitar as instalacións do Centro Interxeracional de Ourense, manter un encontro cos seus usuarios/as e participar no desenvolvemento dun mercado solidario.
Martes 24 de decembro ás 18.00 horas