Taboleiro de xogo con realidade aumentada sobre Carlos Casares
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao escritor ourensán Carlos Casares Mouriño, os rapaces de quinto fixeron un vídeo sobre a súa vida e traxectoria literaria. Para facer posible este traballo botaron man dos materiais elaborados polo Seminario Galán e o ilustrador Carlos Gallego.
Asemade, empregaron estes recursos para crear un libro dixital, dirixido ao alumnado dos primeiros cursos de primaria.
Por outra banda, os rapaces de sexto quixeron aproveitar a ferramenta Google groups para coordinarse entre os distintos grupos de traballo e confeccionar un taboleiro de xogo con preguntas e respostas dotadas de realidade aumentada. Cada grupo organizou o seu traballo e ao rematar cada unha das súas tarefas puxeron en común as conclusións.