Excursión a Valladolid 2017
			 09/04/2017 at 20:10 
			/ by Colexio San Pío X
 			
		
		Os alumnos de 6º de primaria fixeron unha viaxe de dous días a Valladolid. A primeira parada estivo situada en Urueña, onde visitaron o Centro E-LEA Miguel Delibes e recibiron un taller de caligrafía histórica. Deseguido tamén puideron observar o Museo do Conto da Vila do Libro, coa temática dedicada á obra O Principiño. Pero sen dúbida, uns dos lugares onde mellor o pasaron foi o Valle de los Seis Sentidos. O aloxamento tivo lugar en Olmedo, onde ao día seguinte coñeceron o Parque Temático de Mudéjar e o Palacio do Cabaleiro de Olmedo.
Tags: Primaria, Saídas e excursións
			
									
