I Edicion do Concurso de Poemas Galegos

13/05/2016 at 16:35 / by

Facer poesía non é unha tarefa reservada soamente para uns poucos. Expresar o que sentimos a través do debuxo, a arte e a escrita está ao alcance de todos nós! Isto foi o que se pretendeu transmitir coa posta en marcha dun novidoso concurso de poemas en lingua galega; un xeito máis de celebrar as Letras Galegas e seguir alumeando a vocación de futuros poetas.

A participación, totalmente voluntaria, concentrouse nos cursos de quinto e sexto de primaria. Os gañadores recibiron un agasallo e un diploma firmado con moito agarimo.

Joel (segundo premio), María (primeiro premio) e Alejandro (terceiro premio) amosan moi ledos os seus diplomas.
 
 

Comments are closed.