A palabra máis fermosa do galego
A partir dun artigo publicado en La Voz de Galicia, onde se fala da importancia das palabras e a súa sonoridade, os rapaces dse sexto reflexionamos sobre as verbas da lingua. Palabras hai moitas pero a dificultade reside en escoller aquela máis fermosa, así que tras uns días pescudando pola rede fixemos unha nube de palabras. Así podemos reunir as de todos formando un debuxo e, ao mesmo tempo, coñecer cales son as que máis se repiten. Este foi o noso resultado!