Actividades extraescolares (Curso 2025/26)

Cales son as actividades que ofertamos neste curso 2025/26?
Este curso continuamos co catálogo de actividades extraescolares, que na súa maioría estarán organizadas pola empresa galega EXODEGA. Tamén incorporamos natación para o alumnado de infantil.
Consultar catálogo completo de actividades
Como inscribirse?
Para inscribirse nas actividades xestionadas por EXODEGA (baile moderno, teatro, pintura, Robotix Lego Education e inglés) será necesario empregar a plataforma TokApp Activities desde as 00.01 horas do día 15 de setembro e ata o remate do día 25 de setembro. Podedes acceder directamente a través deste botón:
Importante: Durante o rexistro tedes que introducir o código: pioX2025
Contacto coa empresa para incidencias nas incricións: exodega@gmail.com / 645 82 00 09
Para xadrez, patinaxe e natación haberá que cubrir estes formularios que só estarán accesibles a través dos seguintes botóns a partir das 16.00 horas do día 15 de setembro e ata o remate do día 25 de setembro.
Moi importante…
Aconsellamos ter presentes os horarios e prazos indicados, posto que hai actividades con límite de prazas onde o criterio de selección será a orde de solicitude.