Eleccións Consello Escolar 2024
Nesta sección publicaremos toda a información relativa ao proceso de renovación parcial dos membros do Consello Escolar.
NORMATIVA DE REFERENCIA:
PUBLICACIÓNS DO PROCESO:
- 06/11/2024: Candidaturas das familias
- 06/11/2024: Segunda reunión da Xunta Electoral
Neste encontro procedeuse á admisión, proclamación e publicación de candidaturas. O prazo de reclamacións abranguerá os días 7 e 8 de novembro. De existir reclamacións serán resoltas o día 12 de novembro pola Xunta Electoral. Tamén se aprobaron os censos electorais e o modelo de papeletas de votación e realizouse sorteo público para designar catro representantes dos pais/nais, e os seus suplentes, para formar a mesa electoral que se constituirá o día das eleccións.
- 28/10/2024: Publicación do calendario do proceso electoral.
- 25/10/2024: Constitución da mesa electoral
Neste encontro procedeuse á revisión e aprobación dos censos electorais, os cales quedaron expostos no taboleiro interior, xunto co calendario electoral. Levántase acta.
- 23/10/2024: información sobre o procedemento preliminar.
- 23/10/2024: anuncio do sorteo público dos membros da Xunta Electoral
«O sorteo público para nomear aos membros da Xunta Electoral queda convocado para o xoves, 24 de outubro de 2024 ás 12.00 horas na sala de profesorado».