Coñécenos
O Colexio San Pío X inicia a súa andadura no ano 1967 grazas á iniciativa do entón párroco D. Antonio Vázquez Borrajo.
Nun principio conta tan só con catro unidades pero xa no ano 1971 constrúese un novo edificio para seis unidades e ao ano seguinte implántase a EXB completa. No ano 1992 a titularidade administrativa é cedida aos profesores do colexio que constitúen unha Cooperativa de Ensino, sendo o párroco actual, D. Luis Rodríguez Álvarez, o presidente da mesma desde 2007.
Actualmente o colexio conta cun persoal formado por 13 mestres que atenden as seis unidades de educación primaria, tres de educación infantil, unha de audición e linguaxe e unha de pedagoxía terapéutica. Todas elas están en réxime de concerto pleno.
Tamén che pode interesar…
Organigrama do centro Os nosos valores Lema do curso