Celebrando a Paz (2018)
Desde 1964, para lembrar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Este ano para conmemora esta data celebramos, cantamos a canción de Brindo por la vida de Macaco; tamén construímos un mural coa pomba da paz; de feito, os alumnos e alumnas de 3º e 4º fixeron unha pomba de cores utilizando o tapón dos seus bolis e pintura.
Como vedes, quedaron super chulas!