#abrideafiestra no Día de Rosalía 2018
![](https://colexiosanpiox.gal/wp-content/uploads/2019/01/20180223_135302.jpg)
Este ano con motivo da celebración do Día de Rosalía decidimos unirnos á iniciativa #abrideafiestra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores de Galicia. O alumnado de 5º de primaria investigou sobre a figura da escritora e formou un mural no que cada peza era un trozo de adhesivo cunha palabra cuxo significado gardaba relación.
O alumnado de sexto tamén se sumou á iniciativa e pegaron na parte interior dos vidros das fiestras diversos elementos iconográficos e transcripcións dos seus versos para darlles luz e tentar facelos visibles socialmente.