Libros e materiais (Curso 2024/25)
Últimas modificacións desde a publicación orixinal:
25/06/2024: 6º primaria (versión 2: corrixiuse un erro de transcrición polo cal na versión 1 se omitiran na lista os libros da materia de inglés).
04/07/2024: 6º de primaria (versión 3: corrixíronse os ISBN dos libros de inglés).
Outra información de interese:
- Mandilón oficial do centro obrigatorio desde 4º de educación infantil ata 4º de educación primaria. Pódese adquirir en Luz Moda y Lencería (Avenida de Zamora, 85).
- Chándal oficial do centro obrigatorio para todos os cursos. Utilizarase para as sesións de psicomotricidade, educación física, actividades deportivas e nas saídas. Pódese adquirir en Intersport Bouso (Rúa Curros Enríquez, 5, Ourense). So se admitirán os modelos das últimas dúas edicións (é dicir, os vendidos en Sfera ata 2023 e os actuais).
- Parte do material escolar (segundo as indicacións do profesorado), todos os libros, o mandilón e chándal deberán ter o nome do alumno/a nun lugar visible para facilitar a súa identificación no caso de extravío.
- O alumnado beneficiario de fondolibros (de 4º a 6º de educación primaria) deberá traer os libros protexidos con forro plástico non adhesivo e sobre eles o seu nome. No caso de que ao remate do curso non se atopen en bo estado de conservación, segundo a normativa vixente a familia estará obrigada a adquirir un exemplar novo.
Se detectas algún dato erróneo pregámosche que contactes con nós!
Formulario de contacto cpr.sanpioX (arroba) edu.xunta.gal 988 221 127