Carta de agradecemento (xuño 2020)
Un día, de súpeto, todo cambiou. Sabiamos algo dun tal coronavirus pero cando hai quilómetros por medio sempre pensamos… non, aquí non.
Pero… deixou de estar lonxe e tocounos cerca e como vento furacanado remexeunos as rutinas, desfacendo os nosos plans.
Esta pandemia moveunos e conmoveunos.
Agora que o curso está a piques de rematar sinto a necesidade de dar as grazas.
GRAZAS, en primeiro lugar, aos meus nenos e nenas que resistiron como campións nesta batalla que se volveu longa e cruenta.
GRAZAS, a eses pais e nais que da noite para a mañá vos convertestes en profes sen selo.
GRAZAS, aos meus compañeiros e compañeiras, por reinventarse, por aprender a ensinar e ensinar a aprender dun xeito diferente.
GRAZAS, a Dartagnan e as mosqueteiras… (non, non son os da novela de Alejandro Dumas), por facerme o camiño máis fácil, por levantarme nas caídas e arrouparme nas xeadas.
GRAZAS, de verdade, a todos e todas, aos que sumastes porque me destes alento e os que restastes porque me fixestes máis forte.
Volveremos a encontrarnos… setembro está a volta da esquina.
Unha aperta!
María José Graña Coello.