Ferramentas de control parental
Tempo de uso (Screen Time)
Fabricante: Apple
Dispositivo: iOS (iPad e iPhone)
- Establecer restricións de contido e privacidade
- Impedir compras na iTunes Store e App Store.
- Permitir apps e funcións integradas.
- Impedir contidos explícitos ou con cualificaciones concretas.
- Restrinxir a búsqueda web de Siri.
- Restrinxir Game Center.
- Impedir contidos web.
- Permitir cambios nos ajustes de privacidade.
- Permitir cambios noutros axustes e funcións.
Family Link
Fabricante: Android
Dispositivo: Android e iOS*
* * A supervisión pode facerse desde dispositivos Android e iOS pero o dispositivo controlado só pode ser Android.
Con esta ferramenta é posible:
- Xestionar as aplicacións que pode usar o teu fillo/a: aprobar ou bloquear as que queira descargar de Google Play Store.
- Controlar o tempo de conexión: consultar canto tempo usa o teu fillo/a as súas aplicacións favoritas mediante os informes de actividade semanal ou mensual, e configurar límites de tempo de conexión diarios.
- Configurar unha hora de durmir no dispositivo: con esta función pódense bloquear os dispositivos de maneira remota cando sexa a hora de durmir ou de facer un descanso
- É posible que non se poidan inhabilitar algunhas aplicacións preinstaladas.
Para empezar a utilizar a aplicación é preciso:
- Un dispositivo Android compatible para o teu fillo/a.
- Unha cuenta de Google para o teu fillo/a que se xestione con Family Link
- O teu propio dispositivo compatible (Android o iPhone)
- A túa conta de Google.
Control Familiar (Microsoft)
Fabricante: Microsoft
Dispositivo: Windows
Non require a instalación de ningún tipo de software, xa que estes axustes son os que ofrece o propio sistema operativo.
Con esta ferramenta é posible:
- Configurar límites de tempo: controlar o tempo que os menores poderán facer uso do equipo.
- Xogos: controlar tanto os xogos como o tipo de xogo aos que o menor poderá acceder. Pódese establecer unha clasificación en función de rangos de idade e tipos de contido.
- Permitir e bloquear programas específicos: Pódense seleccionar os programas que van poder usar. Mostra unha listaxe ao que permite agregar máis programas.
- Bloqueo de sitios web.
- Informes de actividade.
Para empezar a utilizar a aplicación hai que seguir os siguientes pasos:
- Crear unha conta de usuario.
- Configurar a conta coas opciones de control parental que se ofrecen.
Qustodio
Fabricante: Qustodio
Dispositivo: Windows, Mac (Apple), Android, iOS (iPhone, iPad)
- Procura segura: activando esta opción limitaranse os resultados de procura, eliminando contido potencialmente inseguro.
- Lista de aplicacións utilizadas e por canto tempo: visible desde o resumo da actividade e cronoloxía de actividade, mostra unha listaxe dos programas que o dispositivo monitorado ha utilizado e o tempo transcorrido en uso de cada un.
- Vista de actividade web por páxina e tempo: visible desde as mesmas opcións que o anterior, configurable para que mostre sitios de actividade cuestionable (vixiados ou restrinxidos).
- Control de tempo: permite bloqueos tanto no uso total do dispositivo como en uso de aplicacións.
- Seguimento de localización: unicamente dispoñible en versión Premium e dispositivos Android.
- Supervisa chamadas e SMS: unicamente dispoñible para dispositivos Android.
- Historial de uso: permite coñecer a súa utilización minuto a minuto.
- Uso desde calquera dispositivo: á consola de monitoraxe e configuración accédese a través da navegador web.
- Filtrado de páxinas web por categorías: permite restrinxir determinados tipos de sitios web, recibindo alertas cando se acceda a unha categoría marcada (xogos, contido adulto, violencia, etc.).
- Controis de acceso a Internet: permite limitar o uso dos navegadores por tempo ou na súa totalidade.
- Filtrado de páxinas web: permite restricións de sitios web específicos.
Para empezar a utilizar a aplicación hai que seguir os siguientes pasos:
- Crear unha conta de usuario
- Descargar e instalar Qustodio nos dispositivos que se queiran monitorizar.
- Configurar a conta coas opcións de control parental que se desexen.