DON RiDardo, o xogo

21/03/2020 at 17:21 / by

DON RiDardo, o xogo, trátase dun recurso educativo creado polo mestre David Rial e que ten como obxectivo coñecer a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A proposta consiste, en primeiro lugar, no visionado do vídeo biográfico elaborado polo alumnado de 5º de primaria en colaboración co Seminario Galán e o ilustrador Carlos Gallego. Deste xeito pódense coñecer unha morea de datos relacionados co autor a e súa obra. 

Deseguido iníciase unha partida de dardos formada por dez tiradas. En cada unha delas formúlase unha pregunta con tres opcións, das cales unha é correcta e dúas non. Ao acertar, o tirador fai diana no centro.

 

Rematados os lanzamentos o xogo ofrece tres posibles resultados: 

  • De 0 a 4 acertos: Algo non vai ben!
  • De 5 a 7 acertos: Non está mal, peeeeero…
  • De 8 a 10 acertos: PRO FE sio nal! 

Neste último caso, a persoa participante poderá descargar un diploma honorífico expedido polo Equipo de Dinamización Lingüística deste centro e que o converte nun xenio das Letras!

 

ACCEDER AO XOGO 

 
 

Comments are closed.