Facemos radio!

23/04/2018 at 12:13 / by

Hai cinco anos, a Asemblea Xeral da UNESCO acordou proclamar Día Mundial da Radio o 13 de febreiro. Partimos desta data para iniciar unha reflexión co alumnado de sexto de primaria sobre a importancia dos medios de comunicación como axentes socializadores da lingua.

Realizamos un percorrido histórico, centrado principalmente neste medio en Galicia, sen esquecer tamén a existencia de moitos outros: televisión, xornais, revistas, internet, novas plataformas de creación de contidos, etc… Fixemos unha pescuda para atopar os que emiten contidos exclusivamente en galego ou que, polo menos, o empregan en alternancia co castelán.

O alumnado tamén se familiarizou co vocabulario máis habitual que forma parte do campo semántico da radio e escoitou algúns fragmentos reais de programas galegos. Logo, decidiuse en consenso o nome dos espazos, a temática, seccións ou contidos.

O programa foi emitido desde Ourense Sí Radio para toda Galicia o sábado 21 de abril de 2018 desde as 10 ata as 12 da mañá.

Volve a escoitar o programa íntegro!

 
 

Comments are closed.