Vistamos as instalacións da Biblioteca ‘Xeración Nós’ en San Francisco
A nova sede da biblioteca pública do Estado en Ourense, ubicada no conxunto do Convento de San Francisco, abriu as súas portas o luns 23 de decembro de 2019.
Tendo en conta este feito de vital trascendencia para a cultura na nosa cidade o alumnado de 6º de primaria visitou as súas instalacións e coñeceu de primeira man as posibilidades que ofrece este espazo, entre as que se atopan unha morea de recursos e confortables recantos para fomentar a lectura e o estudo.