#excursiónCorteo: relato dun soño cheo de luces e cor
Poucas datas estaban gravadas con tanta intensidade nos seus maxíns. Desde o inicio do curso os alumnos de quinto e sexto de primaria estaban agardando con emoción que a proposta dos seus mestres se fixese realidade: asistir ao espectáculo Corteo da recoñecida compañía canadense Cirque du Solei en Santiago de Compostela.
Aproveitando a visita á capital tamén puideron coñecer a Cidade da Cultura e observar algunhas das súas exposicións, percorrer as rúas do Casco Vello e aproximarse á entorna universitaria.
![](https://colexiosanpiox.gal/wp-content/uploads/2020/02/a6e896eb-41af-4406-ac6e-91595120a66b_917441_TABLET_LANDSCAPE_LARGE_16_9-1024x576.jpg)
Cronoloxía da saída Galería fotográfica