imos falar un pouco de nós…
Descubre a nosa paixón pola educación
quen somos…
A nosa historia, o noso compromiso.
O Colexio San Pío X é un centro educativo privado concertado de educación infantil e primaria, que forma parte da historia educativa de Ourense desde 1967, ano no que iniciou a súa actividade grazas á iniciativa de D. Antonio Vázquez Borrajo. O centro está situado no barrio de Mariñamansa, ao sur da cidade, unha zona residencial, ben comunicada e moi vinculada á vida diaria de numerosas familias ourensás.
En 1992, o centro iniciou unha nova etapa coa constitución dunha Cooperativa de Ensino. Desde entón, unha parte significativa do equipo humano participa activamente neste modelo de xestión, contribuíndo a reforzar a continuidade, a implicación e o compromiso co proxecto.
Máis alá das datas e dos cambios vividos ao longo dos anos, seguimos fieis ao que nos define desde os nosos inicios: unha educación baseada nos valores, na atención personalizada e no acompañamento da persoa.


un colexio con sentimento, onde cada persoa importa



