Proceso de baremación (Matrícula 2019/20)
Prazo de presentación: do 22 de marzo ao 5 de abril
O día 20 de marzo rematou o prazo de presentación de solicitudes de matricula neste centro para o vindeiro curso. O número de familias interesadas en inscribir aos seus fillos/as foi superior ao número de prazas ofertadas.
Esta situación obríganos a iniciar un proceso de baremación.
Documentación a presentar:
- Certificado de padrón.
- Certificado de haberes, no caso de non existir declaración da renda.
De non aportar a documentación para acreditar a puntuación, esta pasará a ser 0 puntos.
O horario de entrega establecido é o de atención ao público do equipo directivo.