Queres saber por que chove?
A clase de terceiro aporta os pasos necesarios para facer un experimento moi curioso. Se che interesa coñecer máis de cerca o ciclo da auga, este é o procedemento a seguir:
- Unha botella de plástico.
- Area.
- Pedras.
- Un vaso pequeno.
- Plástico transparente.
Cortamos a botella en dúas partes e no fondo botaremos as pedras e a area. Logo, poñemos un vaso pequeno con auga e por encima da botella colocamos o plástico transparente. Se esperamos uns días obteremos o resultado.