Calendario do proceso
A Xunta Electoral deste centro, constituída en sesión ordinaria o 23 de outubro de 2026, de conformidade coa normativa vixente e coa Resolución do 27 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización das eleccións de membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos, acorda convocar as eleccións para a renovación parcial dos representantes no Consello Escolar, de acordo co seguinte calendario electoral:
01
Exposición do censo provisional:
Venres, 23 de outubro de 2026, no taboleiro de anuncios do centro.
02
Prazo de reclamacións ao censo:
Do luns 26 de outubro ao mércores 28 de outubro de 2026, ambos incluídos (3 días hábiles).
03
Presentación de candidaturas
Prazo de admisión de candidaturas: do mércores 28 de outubro ao martes 3 de novembro de 2026, ambos incluídos (7 días naturais).
Lugar e forma: os modelos de candidatura poderán recollerse e entregarse na secretaría do centro en horario de atención ao público. Listaxe provisional de candidatos: mércores, 4 de novembro de 2026. Prazo de reclamación ás candidaturas: 5 e 6 de novembro de 2026 na secretaría do centro en horario de atención ao público.
Listaxe definitiva de candidatos: luns, 9 de novembro de 2026.
04
Celebración da votación:
Data única: martes 24 de novembro de 2026
Sector familias (canle Telemática): recoméndase o uso prioritario da votación electrónica a través do espazo Abalar, que permanecerá aberto desde o mércores 11 de novembro (ás 00:00 h) ata o martes 17 de novembro de 2026 (ás 23:59 h).
Sector familias (Canle Presencial): para quen non utilice a canle telemática, a mesa electoral presencial estará aberta o martes 24 de novembro de 2026, en horario de 09:00 a 11:00 horas, no centro escolar.
Sector do profesorado: a votación presencial do Claustro realizarase o martes 24 de novembro de 2026, en horario de 17:30 a 18:00 horas, na sala de profesores (coincidindo coa sesión extraordinaria do Claustro).
Vacantes obxecto de elección
Sector familias:
2 vacantes
Cando remate o prazo de presentación amosaremos as candidaturas neste apartado.
Sector profesorado:
2 vacantes

