Prazo de presentación
Do 6 de xullo ao 6 de agosto de 2026.
CONCORRENCIA NON COMPETITIVA: as axudas concédense por orde de presentación das solicitudes completas, ata esgotar fondos!
En que consiste e requisitos básicos:
A Xunta de Galicia convocou unha nova axuda única de 150 € por alumno/a para as familias cuxos fillos/as utilizaron este curso o servizo de comedor neste centro.
Mínimo de asistencia anual
Que o alumno/a utilizase o comedor cunha asistencia mínima do 40 % dos días lectivos (é dicir, 70 días).
Renda per cápita
Que a renda per cápita da unidade familiar sexa igual ou inferior aos 6.000 € anuais.
Como se solicita?
Para realizar a solicitude será necesario achegar o Anexo III, un documento no que o centro certifica o uso do comedor escolar. Enviaremos este documento por Dinantia antes da apertura do prazo, para que poidades preparar a solicitude con tempo.
Máis información
ORDE do 22 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica ás familias usuarias dos comedores escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos non xestionados por esta consellería e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2025/26 (código de procedemento ED601C).

