Punto Laranxa Dixital
Este espazo funciona como un buzón 100% anónimo e seguro para que o noso alumnado (ou a súa familia) poida contar calquera situación de acoso ou ciberacoso, xa sexa propia ou que vexa noutros compañeiros/as.
Trátase dunha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para protexer aos menores no contorno escolar. Con esta ferramenta, grazas á implicación de toda a comunidade educativa —familias, profesorado e alumnos—, unímonos para que o colexio sexa un lugar onde todos e todas nos sintamos coidados e respectados.

Advertencia
O envío de contidos falsos, bromas ou acusacións sen fundamento a través deste medio pode constituír un delito de acordo co artigo 206 do Código Penal, relativo á simulación de delitos, e/ou o artigo 248.1 sobre estafas, do Código Penal español. Reservamos o dereito de tomar accións legais contra quen faga un uso indebido deste servizo en detrimento do centro e dos seus membros.

