Google Suite for Education

En agosto de 2019 chegamos a un acordo con Google para que o alumnado e as familias poidan utilizar a plataforma G Suite for Education, formada por unha ampla variedade de ferramentas gratuitas. 

Servizos que ofrecemos:

Aínda que o acordo que asimos con Google permite ofrecer unha morea de servizos estas son as que consideramos máis relevantes para o noso alumnado, tendo en conta a súa madurez e grao de desempeño. Para acceder a eles é preciso dispoñer dunha conta de usuario propiedade do centro e suxeita ás normas de uso vixentes en cada momento. 

Classroom Drive Docs Calendar Chat Meet

  • Classroom: Trátase dunha aula virtual na que o mestre pode crear tarefas (test de reforzo dos contidos traballados na clase) e compartir recursos (ligazóns a páxinas web, vídeos, imaxes, documentos, etc.). Tamñén posibilita a comunicación cos alumnos, pois poden compartir dúbidas e escribir comentarios nun taboleiro compartido co resto de membros.
  • Drive: espazo na nube para organizar tarefas, gardar documentos e calquera tipo de arquivos ou o programa das clases de forma segura. Dispón de almacenamento ilimitado e pódese acceder a él dende calquera dispositivo.
  • Docs/Slides/Sheets/Forms: Posibilita a creación de documentos, follas de cálculo e presentacións, que poden ser realizados de maneira colaborativa e compartidos en tempo real.
  • Calendar: permite crear calendarios individuais ou cun conxunto de membros da clase para non esquecer os acontecementos e datas máis importantes do curso.
  • Google Chat: servizo que permite a comunicación en tempo real só entre membros do colexio. Pódense manter conversacións de grupo ou entre dúas persoas mediante mensaxes de chat, chamadas de voz  e videochamadas sinxelas (nestes dous últimos casos, a voz e imaxe do seu fillo/a estará presente nestas conexión.
  • Meet: aplicación de videoconferencias para realizar clases online, reunión e compartir pantalla. Tamén dispón dun chat de conversa. Para unha completa experiencia de usuario é necesario permitir o uso da cámara e do micrófono no navegador web; de ser o caso, a voz e imaxe do seu fillo/a estará presente nestas conexións.

Documentación:


Ligazóns de interese:

Condicións do servizo Aviso de privacidade Centro de aprendizaxe Centro de seguridade (consellos para as familias)  


Preguntas e respostas frecuentes:

Cal é o nome de usuario da conta do meu fillo/a?

Todas as contas de usuario funcionan baixo o dominio .GAL do noso centro. O alumnado non pode escoller un nome de usuario específico, xa que a súa creación ven determinada polo seguinte procedemento estandarizado:

nome + inicial do primeiro apelido + inicial do segundo apelido + @colexiosanpiox.gal

 

Como escollemos un contrasinal? Se nos esquecemos del, como xeramos un novo?

Unha vez autorizada a creación dunha conta G Suite for Education o responsable do proxecto solicitará á familia que escolla un contrasinal da conta seguindo unhas directrices básicas en materia de seguridade: emprego combinado de maiúsculas, minúsculas e números. A clave seralle entregada en sobre pechado para que a introduza no sistema e quedará baixo a súa garda e custodia. 

Se o esquecedes ou necesitades cambialo debedes contactar co responsable de Google Workspace for Education no centro. 

 

O uso de Google Workspace for Education é cualificable? Constitúe un criterio de avaliación da materia?

NON. Rotundamente non. Consideramos que Google Workspace for Education pode ser unha valiosa ferramenta para mellorar a aprendizaxe e que os estudantes acaden mellores resultados académicos pois permite proporcionar recursos educativos accesibles en variadas situacións e dispositivos. Aumentar a exposición do alumnado a estes estímulos sempre resulta beneficioso pero o feito de utilizar e acceder a G Suite for Education nunca será un criterio de avaliación, xa que poden existir variables que condicionen o acceso a estas ferramentas ou familias que non as autoricen. Esta casuística debe ser respectada e non penalizada. 

 

Que sucede coa conta do meu fillo/a ao rematar do curso?

Se o voso fillo/a continúa os estudos seguirá gozando do servizo de xeito continuo, salvo que vostede manifeste o contrario. Se solicita un traslado de centro ou remata a educación primaria a conta será eliminada durante os seguintes 30 días de producirse dita circunstancia; perderase o acceso e os datos contidos nela non serán transferidos a outra conta, polo que serán eliminados. É responsabilidade do usuario/a facer unha copia de seguridade previa. 

 

Podo solicitar a eliminación da conta en calquera momento?

SI. Sempre que o desexe pode revogar o seu consentimento e a conta será eliminada segundo o procedemento establecido. 

 

Que información recolle Google?

Ao crear unha conta de alumno/a, o Colexio San Pío X pode proporcionar a Google determinada información persoal sobre o alumno (p. ex., o nome, a dirección de correo electrónico e o contrasinal).

Cando un alumno use os servizos de Google, tamén solicitará a información baseada no uso deses servizos. Algunhas das súas responsabilidades son:

  • Información do dispositivo como, por exemplo, o modelo de hardware, a versión do sistema operativo, os identificadores exclusivos do dispositivo e a información da rede móbil, incluído o número de teléfono.
  • Información do rexistro, incluídos os detalles de como utilizou o usuario os servizos de Google, os datos dos eventos do dispositivo e a dirección do protocolo da internet do usuario (IP).
  • Información da localización, segundo determinen distintas tecnoloxías (p. ex., a dirección IP, o GPS e outros sensores).
  • Números exclusivos da aplicación (como o número da versión da aplicación).
  • Cookies ou tecnoloxías similares que se utilizan para solicitar e almacenar información sobre un navegador ou un dispositivo (p. ex., o idioma preferido e outros axustes)

Como utiliza Google esta información

Nos servizos principais de Google Workspace para Centros Educativos, Google utiliza a información persoal para proporcionar, manter e protexer os servizos. Google non inclúe anuncios nos servizos principais nin utiliza información persoal obtida destes servizos con fins publicitarios.

 

Que fai Google para manter os datos seguros?

Os sistemas de Google son algúns dos máis seguros da industria e resistiron enérxicamente todos os intentos ilegais de acceder aos datos dos seus clientes. Os centros de datos de Google usan hardware á medida que executa un sistema de arquivos e un sistema operativo fortalecido e personalizado. Cada un destes sistemas está optimizado para brindar máximo rendemento e seguridade. Dado que Google controla toda a pila de hardware, pode responder rapidamente a todas as ameazas ou vulnerabilidades que xurdan. Google encripta os datos de Gmail e Drive (incluídos os arquivos adxuntos) mentres se atopan en movemento. Isto garante que as mensaxes estean protexidas non só cando se trasladan entre os usuarios e os servidores de Google, senón tamén mentres se trasladan entre os diferentes centros de datos de Google.

 
 

Hay anuncios en Google Workspace for Education?

NON. Nos dominios de institucións educativas a publicación de anuncios está desactivada nos servizos de Google Workspace for Education e os usuarios deste paquete de ferramentas de ensino primario e secundario non verán os anuncios cando utilicen a Procura de Google mentres estean conectados ás súas contas de Google Workspace for Education.

 

Google vende os datos das escolas ou do alumnado a terceiros?

NON. Google non vende os datos de Google Workspace for Education a terceiros nin comparte con terceiros a información persoal que se atopa nos sistemas, salvo nalgunhas circunstancias excepcionais descritas no Acordo de Google Workspace e na súa Política de Privacidade, como cando se lle pide que a comparta ou cando se lle esixa facelo por lei.