Xestión dos gromos

Que facer cando se teñen síntomas?

Non asistirán ao centro aqueles estudantes, docentes e outros profesionais que teñan síntomas compatibles con COVID-19, así como aqueles que se atopen en illamento por diagnóstico de COVID19, ou en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.Tampouco acudirán as persoas en espera de resultado de PCR por sospeita clínica.

Que acontece cando os síntomas aparecen no centro educativo?

Diante dun suposto no que unha persoa ou alumno/a da que se sospeita que comeza a desenvolver síntomas compatibles con COVID-19 no centro educativo as medidas de prevención e control levaranse a cabo por parte do SERGAS a base ao documento técnico elaborado pola Ponencia de Alertas y planes de preparación y Respuesta: » Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID 19 en centros educativos», en virtude da mesma: levarase a un espazo separado de uso individual, colocaráselle unha máscara cirúrxica (tanto ao que iniciou síntomas como á persoa que quede ao seu coidado), e contactarase coa familia, no caso de afectar a alumnado. a persoa ou a familia de ser alumnado debe chamar ao seu centro de saúde de Atención Primaria para solicitar consulta, ou ao teléfono de referencia do SERGAS e seguiranse as súas instrucións. En caso de presentar síntomas de gravidade ou dificultade respiratoria chamarase ao 061.

O/A traballador/a que inicie síntomas debe abandonar o seu posto de traballo protexido por máscara, e logo de seguir as instrucións do centro de saúde ata que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario. De confirmarse o positivo, o equipo Covid comunicarao o equipo Covid-escola (Centro Saúde da Cuña)

Que facer cando aparece un caso confinado?

No suposto da aparición dun caso, ou dunha sospeita, de coronavirus nun centro educativo tanto sexa do alumnado, profesorado ou persoal do centro, a persoa coordinadora do equipo formado na COVID-19 incluirá na aplicación informática a información prevista do eventual afectado/a dos seus compañeiros/as e do seu profesorado así como os contactos máis próximos vencellados ao centro educativo.

A aplicación xerará unha alerta no central de Seguimentos de contactos (CSC quen se encargará da vixilancia evolutiva das persoas identificadas como contactos.

Cales son as medidas que se activan?

A familia dun neno ou nena con sospeita de contaxio, deberá solicitar unha consulta telefónica co seu pediatra para que este avalíe a necesidade de solicitude dun test diagnóstico. Tras a aparición dun caso diagnóstico da Covid 19 seguíranse as recomendacións da Autoridade Sanitaria. Tras a aparición dun caso confirmado da COVID-19 seguíranse as instruccións da Autoridade Sanitaria

Como se xestiona un gromo? Que fai a autoridade sanitaria?

A autoridade sanitaria, en función do número de contaxios, poderá ordenar o peche dunha ou varias aulas, dun nivel educativo ou do centro educativo na súa totalidade de conformidade co previsto na «Guía de actuación ante la aparición de casos COVID-19 en centros educativos» e co «Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de Saúde Pública en relación con illamentos e corentenas para a prevención e control da infección por SARS-Co_2» cos seguintes supostos:

  • Tendo en conta que segundo o criterio epidemiolóxico considerase contacto estreito a calquera alumno, ou profesional do centro educativo, profesor ou outro traballador que compartise espazo co caso confirmado a unha distancia <2 metros ao redor do caso confirmado durante máis de 15 minutos sen utilizar a máscara os contactos serán determinados pola autoridade sanitaria segundo os protocolos vixentes en cada momento.
  • As persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da cun diagnóstico confirmado (cunha obriga de illamento durante 10 días) deberán entran en corentena, estando en corentena nos seus domicilios e suspenderán mentres dure este a ensinanza presencial polo un período de 14 días. O restante alumnado da aula que non teña a consideración de contacto estreito poderá continuar coa asistencia presencial á aula. Aos contactos estreitos realizaráselle unha proba de COVID nun prazo non superior a 48 horas para identificar ás persoas que teñan unha posible infección por COVID-19.
  • A aparición dun contaxio sospeitoso con posterior confirmación é un suposto de declaración obrigatoria que implicará por parte da autoridade sanitaria a obriga de entrada en illamento de polo menos 10 días no caso da persoa enferma, e de entrada en corentena de 14 días a todas as persoas que teñan a consideración de contacto estreito de conformidade coas indicacións das autoridades sanitarias.
  • A suspensión da actividade lectiva presencial suporá a aplicación das normas previstas no presente protocolo relativas ao ensino a distancia.
  • Finalizado o período de illamento das persoas que conforman unha aula, nivel educativo ou centro realizarase un proceso de retorno a actividade educativa ordinaria presencial. O Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia determinará o momento a partir do cal se iniciará o retorno e as medidas específicas que sexa preciso adoptar e o comunicará ao centro.

Comunicación das incidencias á autoridade sanitaria e educativa

A responsable de realizar as comunicacións será a directora, e na súa ausencia a xefa de estudos.