Espazos

Espazo de illamento

Espazo 1: Despacho da planta baixa do edificio principal.

Espazo 2: Despacho edificio aulas 5º e 6º.

Ambos espazos estarán dotados de botiquín, termómetro e material de protección individual, como luvas e máscaras. Disporán tamén panos de refugallo, dispensador de xel e papeleiras de pedal. 

Carteis informativos:

  • Colocaranse carteis informativos na entrada ao centro, nas aulas e nos espazos comúns.
  • A información será a relacionada coa Covid e coas medidas de seguridade básicas.
  • Ademais dos oficiais enviados pola Consellería, colocaranse carteis de elaboración propia e con deseños que resulten atractivos e impactantes para o alumnado
  • Os corredores estarán marcados con frechas indicativas das rutas a seguir, sempre pola dereita do mesmo.
  • Nos baños colocaranse bandas horizontais para marcar o punto de espera e un semáforo que indique se está baleiro ou ocupado. Dentro dos baños haberá carteis recordando o lavado de mans e a forma máis axeitada de facelo.

Previsións de uso

A única área na que o alumnado poderá abandonar a súa aula será en educación física. Sempre que sexa posible será ao aire libre, cando as condicións meteorolóxicas o impidan realizarase no salón de actos que terá a mesma dotación que o resto das aulas (dispensadores de xel, papeleiras de pedal e panos de refugallo) que permita realizar as rutinas de limpeza antes, durante e ao finalizar a sesión; entre sesións será preciso realizar unha ventilación de 5/10 minutos e labores de limpeza básica .

Sala de profesores

Nesta sala atópanse a maioría das máquinas utilizadas no centro (plastificadora, guillotina, fotocopiadora…) polo que faise necesario establecer unhas pautas de uso das mesmas.

Será responsabilidade do usuario seguir as seguintes normas:

  • Desinfectar as mans antes de usar as fotocopiadoras, ordenador, plastificadora…
  • Pasar un pano con xel hidroalcólico polas superficies manipuladas despois do seu uso.
  • Limitar a 3 persoas o espazo.
  • Uso obrigatorio de máscara.

Evitarase enviar ao alumnado a recoller fotocopias

Educación Física

O ámbito da Educación Física vai ser uns dos espazos fundamentais para o desenvolvemento escolar do noso alumnado mediante o seu propio desenrolo físico. De todos xeitos, o alumnado pode incorrer no error de ter como un ambiente para relaxar as medidas protección. Debe ser neste entorno onde quizás deban extremarse mais a concienciación do alumnado para traballar de forma segura e responsable.

Na clase de educación física o uso da máscara será obrigatorio agás que se realicen no exterior, de maneira individual, a máis de 2 metros e que o uso da máscara resulte inadecuado ou imposibilite a práctica. Na medida do posible minimizarase o uso de materiais que teñan que ser usados por varios alumnos e procurando a súa limpeza e desinfección despois do seu uso ou a realización de hixiene de mans. Coidarase especialmente do uso da mascara nos ximnasios ou polideportivos pechados con ventilación reducida.

A dotación hixiénica mínima do espazo será o seguinte:

  • Panos e luvas de refugallo.
  • Limpiador desinfectante
  • Papeleira con bolsa protexida con tapa e accionadas con pedal
  • Dispensador de xel hidroalcólico

Na materia de educación física utilizará dous espazos, na aula e no patio , no primeiro seguirase o mesmo protocolo que no resto de materias. No patio, a actividade física deberá de ir encamiñada a minimizar os riscos para o que se toman as seguintes medidas:

  • Priorizar as actividades sen contacto físico.
  • Promover actividades que permitan a distancia física entre o alumnado (mínimo de 1,5 metros, recomendable 2 metros).
  • Pode ser importante marcar espazos acotados para a realización das actividades Evitar as actividades nas que no se poda respectar o distanciamento e que pola súa natureza (por exemplo as de altas intensidades) non son posibles ou recomendables o uso de mascarilla.
  • Recordar que a maior intensidade ou velocidade de desprazamento, as distancias deben de ser maiores.
  • Durante o primeiro trimestre, selecciónanse os contidos primando aqueles que poidan diminuir o risco de contaxios: espazos o aire libre e actividades sin material. Diferenciar e priorizar os espazos o aire libre fronte os pechados.
  • Evitaremos actividades nas que se teña que tocar superficies.
  • Anticipar o uso de materiais tendo en conta os tempos e procesos de separación e desinfección.
  • Evitar compartir material. Si fose convinte, enumerarase e asignarase a cada estudante o seu propio material identificado con número, letras ou cores.
  • Estimularemos ao alumnado a creación cree dos seus propios materiais de EF.
  • Evitar en todo momento o saúdo con contacto físico

Medidas organizativas

  • Evitar, na medida do posible, o uso de materiais compartidos durante a actividade. Se isto non fora posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado por parte dos axentes participantes e estableceranse os mecanismos de desinfección correspondentes. Cando ese material vaia ser empregado en dúas sesións consecutivas, deixarase un tempo para que a actuación dos produtos desinfectantes sexa efectiva, polo que ao inicio das sesións non se debe empregar ese material.
  • Para o inicio das sesións aconséllanse actividades de execución individual, encaixando neste ámbito as coordinativas e de equilibrio, rítmicas ou de expresión corporal.

Cambio de aula

Só é necesario o cambio de aula nas clases de educación física. Cando un grupo de alumnado deba cambiar de aula, farao en fila de un e respectando a distancia de 1.5 m, seguindo a ruta deseñada para cada grupo e indo pola parte dereita do corredor.

Biblioteca

Este curso escolar para adaptarnos as medidas sanitarias da COVID-19 faremos entrega ao alumnado de catro ou cinco libros por trimestre. Ao remate do trimestre o alumnado devólveos ao centro, que os poñerá en corentena durante o período de vacacións e, tras este, xa estarán en condicións de ser entregados a outros alumnos/as.

Aseos

O alumnado empregará os aseos existentes na zona que lle corresponda á súa aula.

  • A limitación de aforo para os baños será a un usuario, e para controlalo haberá un sistema de “semáforo”, que indicará se o baño está libre ou non.
  • Todos os aseos terán carteis sobre o correcto lavado de mans