Medidas específicas: infantil + 1º e 2º de primaria
Metodoloxía
A pesar de que en infantil se formarán grupos de convivencia estable, estableceremos unha serie de pautas e variacións con respecto a cursos anteriores que permitan minimizar, na medida do posible, o risco de contaxio e propagación.
Esta é unha etapa na que a idade do alumnado e a súa etapa evolutiva invitan á experimentación, ás vivencias, ao intercambio, ao contacto e á liberdade; que xustamente entran en conflito coas medidas de seguridade para evitar contaxios.
Non renunciar a esas características ao mesmo tempo que intenta minimizar os riscos é algo complexo e que intentaremos facer deste xeito:
Baños
- A aula de 3 anos conta con baño propio, a profesora acompañara ao baño os/as alumnos/as
- Aula de 4 e 5 anos ten un baño asignado cada unha , para o seu uso exclusivo
Asemblea
- Cada alumno e alumna estará no seu sitio habitual sentado.
- Guiados pola mestra levarán a cabo as rutinas habituais: poñer a data no calendario, lembrar as normas de hixiene a seguir mediante dinámicas de mímica, interactuar coa mascota da aula… O material empregado será manipulado pola mestra previamente desinfectado.
- Empregaranse materiais visuais tales como murais, imaxes ou vídeos que non precisen ser manipulados polo alumnado.
Recantos
As rotacións duns recantos a otros faranse cos membros que forman cada unha das chamadas mesas burbullas.
En lugar de rotar de recanto a recanto o que rotarán serán os materiais, previamente desinfectados dunhas mesas a outras.
O rincón da lectura estará situado nun dos espazos libres da aula e a mestra será a que lea os contos e fará actividades sobre os mesmos que non impliquen risco de contacto directo.
Material
O alumnado entregaráselle o material manipulativo en bolsas individualizadas, que será desinfectado tras o uso. Nos aniversarios, só se admite unha bolsa de gusanitos que se desinfectará antes da entrega para o seu consumo fóra do centro escolar
Merenda
As medidas adoptadas para a hora da merenda serán as seguintes:
- Cada neno e nena terá a mochila colgada no respaldo da súa cadeira.
- Merendarán sentados nas mesas, cada un na súa e sen mesturarse o alumnado dunhas mesas co alumnado de outras.
- Tanto a botella de auga coma os recipientes nos que veña a merenda, virán obrigatoriamente co nome do neno ou nena.
Actividades e xogos
Respectarase o grupo mesa e intentarase reducir o número de materiais que sempre será desinfectado tras o uso.