Comunicación

Información xeral

Enderezos electrónicos do profesorado

Comunicación de incidencias

Aviso ao Equipo Covid-19. A partir de aquí, establecerase a comunicación do centro coas autoridades sanitarias e a familia do afectado:

  • Chamada telefónica á familia do afectado/a.
  • Chamada telefónica ao centro de saúde de referencia.
  • Subida de datos á aplicación «EduCovid»
  • A aplicación xerará unha alerta no Central de Seguimento de Contratos (CSC)

Titorías coas familias

As titorías levaranse a cabo baixo dúas modalidades:

  • Virtual (opción preferente) a través de Google Meet.
  • Presencial: para aqueles casos nas que a videoconferencia non sexa posible. Nesta modalidade, a reunión levarase a cabo na aula da titoría correspondente, con cita e garantido a distancia social.

Todos os asistentes á titoría levarán máscara e farán a pertinente limpeza de mans. Cando nalgunha destas reunións sexa necesario visualizar dalgunha proba escrita, avisarase con anterioridade para poder facer copias da mesma e evitar a manipulación conxunta. En ambos casos, será obrigatoria solicitar cita.