Comunicación
Información xeral
- Páxina web do centro.
- Teléfono: 988 221 127
- Enderezo electrónico: cpr.sanpiox [@] edu.xunta.gal
- Redes sociais: Facebook e Twitter.
- Telegram: canle oficial, PioBot («asistente virtual»), grupos privados de aula e chat privados co profesorado.
Enderezos electrónicos do profesorado
Comunicación de incidencias
Aviso ao Equipo Covid-19. A partir de aquí, establecerase a comunicación do centro coas autoridades sanitarias e a familia do afectado:
- Chamada telefónica á familia do afectado/a.
- Chamada telefónica ao centro de saúde de referencia.
- Subida de datos á aplicación «EduCovid»
- A aplicación xerará unha alerta no Central de Seguimento de Contratos (CSC)
Titorías coas familias
As titorías levaranse a cabo baixo dúas modalidades:
- Virtual (opción preferente) a través de Google Meet.
- Presencial: para aqueles casos nas que a videoconferencia non sexa posible. Nesta modalidade, a reunión levarase a cabo na aula da titoría correspondente, con cita e garantido a distancia social.
Todos os asistentes á titoría levarán máscara e farán a pertinente limpeza de mans. Cando nalgunha destas reunións sexa necesario visualizar dalgunha proba escrita, avisarase con anterioridade para poder facer copias da mesma e evitar a manipulación conxunta. En ambos casos, será obrigatoria solicitar cita.