Medidas especificas alumnado NEE

Medidas

Como no resto do centro e segundo a normativa vixente, todos os membros do profesorado e alumnado do mesmo maior de 6 anos levará máscara en todo momento, tanto nas aulas de PT e AL e como nos desprazamentos cara a estes espazos. Se é necesario, empregaranse tamén pantallas/viseiras.

A dotación mínima da aula de Pedagoxía Terapeútica e de Audición e Linguaxe debería ser:

  • Dispensador de xel desinfectante hidroalcólico.
  • Dispensador de papel individual.·
  • Limpador desinfectante multiusos de pistola
  • Spray de alcohol 70%.
  • Caixa de guantes de refugallo
  • Papeleira con bolsa protexida con tapa e accionada por pedal.· Pantallas de protección individual.·
  • Máscaras para o profesorado.·
  • Pantalla metacrilato móbil

No caso de que o alumnado non teña autonomía, organizarase o acompañamento deste nas entradas, saídas, traslado polo centro e no momento do recreo, así como na hixiene de mans nos momentos de entrada ao centro, cambio de aula e de actividade, despois de ir ao baño, tras esbirrar ou tusir, antes e despois de comer e naqueles casos que sexa preciso, dando sempre marxe ao desenvolvemento da súa autonomía.
Asignarase un aseo no centro no que se intensificará a limpeza e a desinfección como medida de prevención de risco.

O profesores de PT e AL colaborará co equipo Covid na identificación das necesidades de protección e hixiene que este alumnado precisa para a súa atención.

Particularización das tarefas e medidas

Unha alumna con necesidades específicas de apoio educativo conta cunha coidadora para unha atención máis personalizada (acompañamento ao aseo, merenda, recreo).

As sesións sempre que sexan posibles serán individuais tanto de PT como de AL. As comunicacións coas familias priorizarase que sexan telemáticas, de ser necesario presencial, farase reunión con cita previa.
O programa de estimulación da linguaxe levado pola A.L. en educación infantil, este curso en principio non se levará a cabo, xa que sería un risco para os grupos burbulla, e debido os cambios na organización de traballo, na xornada das 12 horas da A.L. non sería viable, xa que tería que deixar parte dos alumnos/as.