Letras Galegas 2020
As nosas Letras
A túa lingua.
Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.
Para moitas e moitos de vós esta será a primeira das viaxes; para outras, os máis experimentados, unha continuación da aventura. Sexa como for, collemos todos.
Nesta singradura coñeceremos a vida e a obra de Ricardo Carballo Calero, unha figura indispensable para achegarnos a historia da lingua e da literatura de noso ao longo do século XX.
E facémolo grazas ao compromiso de xente creadora de contidos que espalla pola rede o seu traballo. Velaquí algúns recursos de páxinas amigas!