Limpeza
Asignación de tarefas ao persoal
- Limpeza/desinfección dos aseos dúas veces ao día unha delas pola mañá.
- Limpeza dos pasamáns.
- Limpeza e desinfección de todas as aulas e zonas de uso común.
- Limpeza e desinfección dos despachos.
- Limpeza e desinfección da sala de mestres.
Estas labores serán desempeñadas pola empresa de limpeza contratada polo centro. A ventilación das aulas ao longo da xornada lectiva será realizada polo profesorado que se atope na aula nese momento
Distribución horaria do persoal
- Unha limpadora pola mañá.
- Dúas limpadoras pola tarde.
Materiais e protección
Todo o persoal de limpeza empregará os elementos de protección aconsellados para levar a cabo este labor, como son as luvas e a máscara. Os produtos de limpeza son os autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
Cadro de control da limpeza
En cada baño existirá un modelo semanal de control de limpeza, no que se anotarán ás horas ás que se realizaron os labores e a persoa encargada de levalos a cabo.
Ventilación das aulas
En todas as aulas do centro haberá unha folla onde se apunten as ventilacións das aulas. Ao inicio da xornada, durante o recreo e o finalizar as clases durante polo menos 15 minutos. O resto de mañá este labor será responsabilidade do profesorado de cada curso, que antes de cada cambio de clase deberá facer a ventilación e apuntala no modelo de checklist.
Sempre que as condicións meteorolóxicas os permitan as ventás permanecerán abertas o maior tempo posible.
Espazos para a xestión dos residuos
En todos os espazos do centro haberá unha papeleira específica e diferenciada (con tapa, bolsa e pedal), para desbotar todos aqueles elementos de hixiene persoal (panos de man e luvas). O resto de papeleiras terán o uso habitual.
No caso de que un alumno/a ou unha persoa traballadora presente síntomas mentres se atope no centro educativo, será preciso illar o contedor onde se depositen os panos ou outros produtos usados por eles. Esa bolsa de lixo deberá ser extraída e colocada nunha segunda bolsa de lixo, con peche, para o seu depósito na fracción resto.
Realizarase a debida limpeza e ventilación do espazo no que se levou a cabo o illamento preventivo, logo de que o alumno/a ou a persoa traballadora que presentou síntomas durante a xornada lectiva teña abandonado o centro educativo.