Reunións

Titorías

As titorías levaranse a cabo baixo dúas modalidades:

  • Virtual (opción preferente) a través de Google Meet. 
  • Presencial: para aqueles casos nas que a videoconferencia non sexa posible. Nesta modalidade, a reunión levarase a cabo na aula da titoría correspondente, con cita e garantido a distancia social.

Todos os asistentes á titoría levarán máscara e farán a pertinente limpeza de mans. Cando nalgunha destas reunións sexa necesario visualizar dalgunha proba escrita, avisarase con anterioridade para poder facer copias da mesma e evitar a manipulación conxunta. En ambos casos, será obrigatoria solicitar cita.

ANPA e Consello Escolar

As reunións do Consello Escolar terán dúas modalidades dependendo da situación epidemiolóxica no momento das mesmas. Deste xeito propoñemos:

  • Reunións por videoconferencia. (Google Meet)
  • Presenciais, sempre e cando a evolución da Covid o permita. Neste caso as reunións levaríanse a cabo nun espazo que garanta a distancia de seguridade e con ventilación suficiente. En principio, a sala  destinada a comedor reúne as condicións .

Para as xuntanzas da ANPA,   poderán facela de xeito presencial se a situación epidemiolóxica o permite, empregando un espazo do colexio o suficientemente amplo que garanta a distancia social. Farase unha solicitude previa para asignar espazo e poder facer as tarefas de desinfección e ventilación pertinentes.

Claustros e sala de mestres

Para aquelas reunións que impliquen a participación de todo o profesorado empregarase unha aula, xa que ten as dimensións axeitadas para manter unha distancia social axeitada.

  • As reunións dos diferentes equipos docentes terán lugar nunha aula  coas medidas de seguridades etablecidas no plan.
  • Na sala haberá dispensador de xel e panos de refugallo, así como unha papeleira de pedal.
  • Será responsabilidade individual dos usuarios do ordenador, guillotina, plastificadora, fotocopiadora… a limpeza e desinfección con xel hidroalcólico.
  • O aforo da sala será de 3 persoas.
  • Prestarase especial atención a ventilación da sala

Normas para a realización de eventos

Este curso non se realizarán actividades e celebracións de centro que xuntaban a unha gran cantidade de xente. Deste xeito, e salvo mellora enorme da situación epidemiolóxica non se celebrará o Festival de Nadal, Magosto…

Estas celebracións poden ter lugar dun xeito diferente, e lles corresponde aos diferentes equipos docentes a organización deles baixo estas premisas:

  • Evitar mesturas de alumnado de diferente nivel.
  • Levalas a cabo, sempre que o tempo o permita, ao aire libre.
  • Facer os labores de limpeza e desinfección preceptivas antes e despois da celebración do evento.
  • Emprego de medios telemáticos cando sexa preciso.

En canto a actuacións no propio centro, poderán levarse a cabo sempre que as quendas respecten o aforo e se respecten as normas de hixiene e ventilación entre actos.

As saídas didácticas poderán levarse a cabo respectando a normativa vixente no momento de realizalas, sobre todo en canto ao aforo de museos e salas e as de transporte.  

Actividades extraescolares

Este curso a ANPA non organizará actividades extraescolares.