Protección individual
Distancia social
De forma xeral, manterase unha distancia interpersonal de polo menos 1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo.
Situación dos postos escolares
En educación infantil e na educación primaria, a organización do alumnado establecerase, con carácter xeral, en grupos de convivencia estable, en cuxo ámbito non se aplicarán criterios de limitación de distancia. Debe garantirse a estanquidade do grupo de convivencia estable en todas as actividades que se realicen dentro do centro educativo.
A distancia a manter entre postos escolares será a máxima que permita a aula, para a aplicación do criterio de medición a distancia realizarase dende o centro das cadeiras. Retirarase o mobiliario non indispensable que diminúa a superficie útil da aula para tentar obter o máximo distanciamento posible.
Situación dos postos escolares
O noso centro non dispón de espazos para poder desdobrar grupos.
Espazo de PT e AL
Debido ás características especiais que se dan á hora de traballar neste tipo de aulas, adoptamos as seguintes medidas:
- Emprego de máscara como norma xeral ou viseira protectora cando sexa incompatible o uso da mascara.
- Entre cada sesión con presencia de alumnado nestas aulas realizarase unha ventilación de 15 minutos como mínimo e unha limpeza/desinfección dos elementos empregados. Como modelo de cuestionario empregaremos o que figura no protocolo, que irá anexo ao plan.
- Colocación dunha pantalla protectora de metacrilato para asegurar unha maior protección.
- Estableceranse dúas zonas limpas de traballo, para os mestres, de maneira que sexan os únicos que acedan a elas.
- Será obrigatoria a hixiene de mans nas entradas e saídas da aula, ou no seu caso o xel hidroalcólico.
- No inicio da clase dedicaranse uns minutos a recordar as normas de hixiene e seguridade e a importancia das mesmas.
- O alumnado contará con material, que só utilizará e manexará el. Priorizarase a utilización deste material individual, pero cando sexa necesaria a utilización de material compartido, desinfectarase sempre despois da súa utilización. No caso de que sexa necesaria a utilización do encerado, cada alumno e alumna tería o seu propio xiz ou rotulador, ou desinfectarase despois de cada uso.
Uso da máscara
O alumnado de infantil, primaria e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos do centro educativo, aínda que se cumpra coa distancia de seguridade. Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario (merendas, comedor)
Non será esixible para as persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización. A imposibilidade do uso da máscara deberá ser acreditada polo pediatra ou facultativo do alumno/a ou da persoa obrigada.