Tarefas durante a suspensión das clases presenciais

14/03/2020 - 21:45

Desde o luns 16 de marzo suspéndese a actividade lectiva presencial por orde do Goberno. Somos conscientes da situación excepcional que estamos a vivir motivada pola crise sanitaria do coronavirus e queremos asumir compromiso de manter unha canle de comunicación activa co alumnado e as familias.

 

NON ESTAMOS DE VACACIÓNS!

 

Seguiremos traballando para organizar actividades e proporcionar recursos co obxectivo de garantir un ritmo de traballo e aprendizaxe constante e resolver dúbidas. Facemos todo isto para que esta pausa interfira o menos posible no proceso de ensinanza e aprendizaxe. As tarefas que se formulan deseguido son suxerencias dos titores e mestres responsables. Rogamos que se teñan en conta.

Consultar actividades

 
 

Os comentarios están pechados

 
 
 

Utilizamos cookies de Google Analytics e outras tecnoloxías para xerar estatísticas de audiencia e análise de navegación. Se segues navegando estarás a aceptar o seu uso. → MÁIS INFORMACIÓN

ACEPTAR
Aviso de cookies