Fondo de libros e material escolar (Curso 2020/21)
No día de onte saiu publicada no DOG Nº 96/2020 a orde que regula a participación do fondo de libros de texto e tamén as axudas de libros e material escolar para el próximo curso. O prazo de presentación da solicitude remata o 19 de xuño.

Como se pode solicitar?
Solicitude telemática (Sede electrónica Xunta)Para a presentación telemática poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e CHAVE365.
Solicitude presencial (descargar anexos I e II)A solicitude presencial realizarase no centro de luns a venres, de 9 a 14 horas, entregando os anexos I e II cumprimentados en bolígrafo azul e letra MAIÚSCULA. Antes de acudir é imprescindible chamar por teléfono para establecer unha cita.