Información sobre o proceso de matriculación (Curso 2019/20)

19/02/2019 - 18:00

Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 20 de marzo de 2019 (ambos inclusive)

Normativa reguladora do proceso de admisión:

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Postos vacantes para o curso 2019/20:

Presentación de solicitudes:

O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente no Colexio e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» ou na páxina web da Consellería competente en materia de educación e na secretaría virtual do colexio, onde pode cubrilo no ordenador.

As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado».Tamén se poderán presentar por duplicado de forma presencial no centro docente nos horarios de secretaría , xefatura ou dirección e os martes de 16:00 a 16:50 h dó 1 ao 20  de marzo

  • Esta solicitude será única e terá carácter vinculante (Art. 14.2).
  • Débense cubri todos os datos.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores. (Art. 14.4)

Segundo a lexislación vixente cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

Proceso de baremación:

En caso de ser necesario o proceso de baremación, POR MOTIVOS DE RECIBIR MÁIS SOLICITUDES QUE VACANTES, o Centro solicitará máis documentación ás familias.

*Para o cálculo da renda familiar: Sumar as casiñas 415 e 435 da declaración da renda 2017 e dividir entre o número de membros computables da unidade familiar a 28 de febreiro de 2018

Criterio complementario:

  • Ser fillo/a de antigo/a alumno/a do centro.

Calendario de publicación das listaxes e matriculación:

Áreas de influencia:

  • Perímetro comprendido por: parte leste da N-540 desde os límites do termo municipal ata cruce con Avenida de Marcelo Macías (Fonsillón, Laxas…). Marcelo Macías, rúa Domingo Fontán, rúa da Coruña,ata vía do tren.Parte oeste da vía férrea ata o límite do termo municipal (Cruceiro Quebrado, Residencia…).
  • Todas as rúas interiores dentro deste perímetro.

Áreas limítrofes:

  • Resto do municipio.

Descargar esta información en PDF

Tamén che pode interesar…

Secretaría virtual (sección “Admisión 19/20”)

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade (admisión 2019/20)

 
 

Os comentarios están pechados